Galego
Galego
Galego

Bicogal. Bioeconomía para o Corazón verde de Galicia.

Bicogal. Bioeconomía para o Corazón verde de Galicia.

Bicogal. Bioeconomía para o Corazón verde de Galicia.

Programa para impulsar os novos usos sostibles do monte e dos bosques.

Programa para impulsar os novos usos sostibles do monte e dos bosques.

Programa para impulsar os novos usos sostibles do monte e dos bosques.

Sobre Bicogal

Bicogal é unha iniciativa de emprendemento innovador que nace do compromiso da Fundación Roberto Rivas por contribuír ao desenvolvemento sostible das comarcas centrais de Galicia.


Co foco na economía forestal e os espazos naturais, queremos crear e impulsar proxectos que poñan en valor os nosos bosques e o noso monte.



Buscamos mentes inquedas, mans dispostas a traballar e corazóns comprometidos cun obxectivo común: promover novos usos sostibles e produtivos nestes sectores, que xeren un impacto real.

Xestión forestal sostible

Enerxías renovables

Madeira e bioconstrucción

Silvicultura e agroforestal

Turismo de espazos naturais

Quen pode participar?

Persoas emprendedoras

Que teñan os seus propios proxectos de emprendemento sostible e queiran levalos aínda máis lonxe.

Empresas e profesionais

Con habilidade, coñecemento e paixón por estes sectores, que desexen achegar a súa experiencia.

Organizacións e institucións

Comunidades de montes, administracións públicas e asociacións interesadas no futuro do territorio.

Estudantes e persoas comprometidas

Con ideas frescas e novas perspectivas, que queiran levar á práctica as súas aprendizaxes.

Convocatoria aberta ata o 6 de maio!

Convocatoria aberta ata o 6 de maio!

Convocatoria aberta ata o 6 de maio!

Que che propoñemos?

Xornada sectorial 1

Xestión Forestal, Madeira e Renovables

07/05/2024

07/05/2024

16:30 - 19:30

16:30 - 19:30

Encontro no Irixo para coñecer casos de éxito e avances tecnolóxicos na xestión forestal sostible, a utilización da madeira e a produción de biomasa. Traballaremos nun primeiro reto:

Como podemos desenrolar o potencial destes sectores nas comarcas centrais de Galicia?

Xornada sectorial 2

Silvicultura, Agroforestal e Turismo Sostible

08/05/2024

08/05/2024

10:00 - 13:00

10:00 - 13:00

Encontro en Forcarei para explorar novas oportunidades na economía dos espazos naturais: apicultura, micoloxía, froitos silvestres, silvo-pastoreo, turismo ambiental e máis. Traballaremos nun segundo reto para resolver:

Como podemos impulsar a innovación e a sustentabilidade económica destas actividades?

Se ademais tes un proxecto

Únete e transforma as ideas en proxectos viables con impacto positivo.

Tras cada xornada, comeza un período de 6 semanas de innovación colaborativa para dar forma ás solucións xurdidas dos retos lanzados.

  • Formación intensiva en metodoloxías áxiles e pensamento creativo.

  • Mentorías con persoas expertas en sustentabilidade e emprendemento.

  • Traballo en remoto, aproveitando a diversidade de talento e perspectivas.

Apoio da Fundación Roberto Rivas

  • Presentacións finais diante dun comité avaliador buscando o proxecto máis prometedor.

  • Ata 5.000€ de axuda económica para levar á práctica o proxecto seleccionado.

  • Apoio continuado durante seis meses, con acceso a rede de colaboradores da Fundación.

Tes dúbidas?

Cal é o obxectivo de Bicogal?

O seu obxectivo principal é activar o coñecemento local, fomentar unha cultura innovadora, e desenrolar proxectos que establezan unha relación sostible co monte e os bosques, que contribuan ao emprego e ao asentamento da poboación rural. 

Quen pode participar?

Bicogal está aberto a calquera persoa interesada en contribuír ao desenvolvemento sostible de Galicia. Queremos reunir persoas con diversidade de perspectivas e habilidades para impulsar a innovación.

Se non estou nestas comarcas, podo participar?

Si. O importante é que che interese a economía forestal e de espazos naturais, aínda que esteas noutra zona de Galicia.

E se non podo acudir ás xornadas, tamén podo participar?

Si. Aínda que recomendamos participar nas xornadas e coñecer de primeira man ás persoas e empresas convidadas, non é un requisito excluínte para traballar nas ideas.

Cal é o proceso para participar?

O proceso comeza coa inscrición a través desta páxina web, onde deberás completar un formulario con información sobre ti. Posteriormente, convocaranse as xornadas temáticas e crearanse os grupos de traballo.

Ten algún custo participar en Bicogal?

Non, Bicogal é un proxecto participativo e gratuíto, cofinanciado pola Fundación Roberto Rivas e polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. O único custo para os participantes é o derivado do transporte ás xornadas presenciais.

Como se elixe o proxecto gañador? 

Un comité de avaliación, composto por persoas expertas en innovación, sustentabilidade e desenvolvemento económico, valorará cada proxecto baseándose na súa innovación, viabilidade, impacto potencial na sustentabilidade de Galicia e a calidade da presentación. O proxecto que mellor cumpra con estes criterios será seleccionado como o gañador, recibindo apoio adicional para a súa implementación.