O programa

O programa

A Fundación Roberto Rivas pon en marcha esta iniciativa de emprendemento innovador para contribuír ao desenvolvemento sostible das comarcas centrais de Galicia. Tras unha fase de investigación sobre as necesidades da rexión e dos seus veciños, chegan á conclusión de que é importante poñer o foco na economía forestal e nos espazos naturais.

“Queremos impulsar proxectos que poñan en valor os nosos bosques e o noso monte”.

O programa activouse cunha convocatoria dirixida a:

De sectores clave como:

Xornadas

Para afinar mellor as propostas e as ideas, invitouse a participar en dous encontros onde se traballaron baseándose en dous retos.

Xornada 1 – Xestión forestal, madeira e renovables – O Irixo, Ourense

Un encontro onde se deron a coñecer casos de éxito e avances tecnolóxicos na xestión forestal sostible, a utilización da madeira e a produción de biomasa. Aí lanzouse o primeiro reto para os participantes na convocatoria:

Como podemos desenvolver o potencial destes sectores nas comarcas centrais de Galicia?

Xornada 2 – Silvicultura, agroforestal e lecer sostible – Forcarei, Pontevedra

Neste encontro exploráronse novas oportunidades na economía silvícola: apicultura, micoloxía, froitos silvestres, silvopastoreo, turismo ambiental e máis. Ademais, lanzouse o segundo reto:

Como podemos impulsar a innovación e a sostibilidade económica destas actividades?

Formación e mentorización

Entre todas as ideas seleccionáronse as 4 máis viables que tiveron a oportunidade de recibir mentorías personalizadas durante 5 semanas, onde puideron evolucionar as ideas en proxectos con impacto real. Recibiron:

Formación intensiva en metodoloxías áxiles e pensamento creativo.

Mentorías con persoas expertas en economía forestal, sostibilidade e emprendemento.

Traballo en remoto, aproveitando a diversidade de talento e perspectiva.

Apoio na preparación da exposición do seu proxecto durante o Demo Day.

Reproducir vídeo

Demo Day

O 25 de xuño celebrouse este acto de presentación dos catro proxectos finalistas. Ademais dos pitchs, os asistentes puideron gozar dunha mesa redonda sobre a revalorización de recursos, con tres poñentes que contaron as súas propias experiencias innovadoras:

Manuel Requeijo Rey, Concelleiro do Área de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico do Concello de Silleda, explicando como traballaron co aproveitamento da biomasa para ofrecer oportunidades para novos negocios e emprendementos grazas á rede de calor ou District Heating.

* Pedro Babo, da empresa Landratech, que explicou como aplican a tecnoloxía e como se relacionan con toda a cadea de valor para revalorizar o carballo e a landra.

* Ana López, directora do Centro de Innovación en Economía Circular do Concello de Madrid, quen aportou a súa experiencia coas solucións de economía circular baseadas na natureza.

Tras esta intervención, os catro proxectos finalistas expuxeron as súas ideas ante un comité avaliador composto por Beatriz Suárez (Fundación Juana de Vega), Francisco Álvarez (Clúster Biomasa Galicia), Fátima Cachafeiro (Avivae), Mercedes Rois (Axencia Galega da Industria Forestal), Eva López (Alumni USC) e Xavier Fontcuberta (Fundación Roberto Rivas).