Os Resultados

O resultado das xornadas

persoas

entidades

ideas xeradas

Identificación e priorización das áreas de traballo

Biodiversidade, medio ambiente e cambio climático
Aproveitamento da biomasa
Traballo interconectado e comunitario
Descoñecemento do territorio e dificultade de acceso ao terreo
Información comercial, prezos, clientes, publicacións, etc.
Fomentar o emprendemento

O Demo Day

Os finalistas do programa reuníronse no Demo Day de BiCoGal para presentar as súas solucións innovadoras para o uso sostible dos recursos naturais. Cun enfoque na sustentabilidade e na revitalización rural, estes proxectos destacan polo seu potencial para transformar as comarcas centrais de Galicia.

As súas ideas foron evolucionadas grazas ao acompañamento de mentores, en busca de solucións viables e con impacto real. Centráronse na xestión sostible de terras abandonadas, na consultoría integral para comunidades rurais, nos servizos tecnolóxicos ambientais e, a gañadora Amarelas, nun programa de benestar turístico na natureza.

Recuperando terras abandonadas

Promotor
Pablo Villaverde López

Idea
O proxecto enfócase na xestión integral e sostible das comunidades de montes, e pequenas parcelas e alvarizas en desuso de Galicia, co obxectivo de maximizar o rendemento produtivo e loitar contra o abandono destas terras revitalizando as zonas rurais. Galicia, coa súa vasta extensión de montes e pequenas parcelas, ten un potencial significativo que, ben xestionado, pode converterse nunha fonte de ingresos sostibles e unha ferramenta de desenvolvemento rural. Buscan posicionar ditos rendementos (como o mel ou a castaña) no mercado como produtos de alta calidade, aptos para xente con intolerancia ao glute ou con hábitos de consumo alimenticio vexetarianos ou vexetarianos. Todo isto, coidando o medio ambiente e á nosa comunidade.

Amarelas – Xornadas de benestar ao aire libre

Promotoras

Cristina González Salgado y Erea Viz Callejas

Idea

O programa de turismo de benestar na natureza combina a beleza paisaxística da comarca do Deza con experiencias que promovan o benestar físico e mental. Está dirixido a quen coidan de persoas ou aquelas que invisten tempo no seu autocuidado. Permitirá experimentar unha conexión coa natureza a ritmo lento a través das seguintes experiencias: actividade física (sendeirismo, ioga e meditación na natureza), experiencias artísticas e relaxantes (baños de bosque, obradoiros de tradición oral), alimentación saudable (comidas baseadas en produtos locais e orgánicos), conexión coa natureza (observación de aves e bolboretas, actividades interpretativas), e descanso e rexuvenecemento non dirixido (tempo libre para descansar e gozar da contorna natural). Ofrece unha forma única de viaxar e experimentar o mundo promovendo a sostibilidade e o benestar integral.

Consultoría e xestión integral

Promotora

Claudia de Sas Trujillo

Idea

Servizo de consultoría e xestión integral estratéxico “chave en man”, deseñado para impulsar un cambio sistémico no desenvolvemento rural das comunidades de montes, facilitando así a súa transición cara a modelos sostibles e multifuncionais no manexo dos seus terreos. Ofrece o deseño e execución de plans estratéxicos que revitalizan e dinamizan estas comunidades, a través de procesos de mediación entre a comunidade e diversos axentes involucrados, como novos poboadores, empresas, institucións públicas e subvencións. O obxectivo principal é fortalecer o papel das comunidades de montes no territorio galego, xerando valor aos seus recursos, mellorando a calidade ambiental e social, e reducindo o risco de incendios forestais. Búscase obter rendementos sostibles da terra, poñendo en valor ás persoas e fomentando a autonomía da comunidade na implementación da estratexia deseñada.

Amonte

Promotor

Marcos Estévez Malvar

Idea

En Galicia hai 2 millóns de hectáreas de superficie forestal que pertencen a 3.000 comunidades de montes e a 600.000 particulares. Gran parte está abandonada e con límites catastrais incorrectos. O cambio climático aumenta os episodios de seca e incendios forestais que ameazan vidas humanas, a biodiversidade e a economía. Esta empresa de servizos tecnolóxicos ambientais quere poñer en valor a experiencia, contactos e alianzas de profesionais seniors con vocación e traxectoria contrastada. Colaboran con comunidades de montes, administracións locais, empresas e particulares no cumprimento da lexislación sobre incendios forestais e o regulamento europeo de deforestación mediante a certificación forestal FSC, a comercialización con primas ao prezo de madeira, froitos forestais, auga, carbono e biodiversidade. A través da dixitalización dos procesos con drons, LiDAR, sensores remotos e Blockchain traballan nos montes para garantir a auga, a natureza e o aumento dos ingresos.

Apoio continuo da Fundación Roberto Rivas

As catro solucións desenvolvidas na etapa anterior presentáronse o pasado 25 de xuño en Silleda, no espazo La Moda Rural Lab da Fundación Roberto Rivas.

O evento terá un formato demoday aberto ao público.

Tras a presentación, unha Comisión de Avaliación formada por cinco persoas con diferentes perfís relacionados co emprendemento, a innovación e a sustentabilidade nos sectores de interese, elixirá unha única solución para pasar á última fase do programa.

Esta solución e as persoas que a desenvolveron recibirán, a partir dese momento:

  • O apoio técnico e acompañamento da Fundación Roberto Rivas durante os próximos 6 meses, co obxectivo de consolidar a solución e poñela en marcha.
  • Acceso á rede de entidades, empresas e expertos que colaboran coa Fundación.
  • Axudas económicas de ata un máximo de 5.000 euros, para cubrir os gastos iniciais de desenvolvemento e posta en marcha da solución.

Descubre os proxectos